Entroidar é unha longametraxe documental do Entroido de Laza que nace da paixón e namoramento da comarca, a contorna e as tradicións e quefaceres do entroido. Tras unha intensa labor de investigación, non soamente antropolóxica para descubrir a verdadeira orixe do Entroido partindo de Laza, deste pequeno recuncho de Galicia, senón coñecer todo o que envolve as súas xentes e como son os meses previos de preparación para esta grande celebración ritual, ancestral e auténtica.

Artesanía, danza, ritos, tradición, celebración, gastronomía, festa, cultura e folclore… Todas estas palabras nunha: Entroido

Entroidar: Laza é un documental que se asenta en tres pilares fundamentais: as personaxes que fan Entroido, os lugares nos que se fai Entroido e a propia celebración do Entroido. Buscamos tumbar mitos. Laza é un concello con multiples lugares nos que tamén se celebra o Entroido. O Entroido non só soamente cinco días. Comeza dende o comezo do ano no que os chocos xa comezan a ruxir pola contorna. O Entroido de Laza son os peliqueiros, pero tamén as formigas, as madamas, os maragatos… As figuras do Entroido, quen está detrás… Queremos ver como se transforman as persoas que están detrás das personaxes que se dan no Entroido.

Quen está detrás da careta do peliqueiro? Como é o día a día dun artesán? Como preparan as xastras os traxes de peliqueiro? En que se inspira o testamenteiro para recitar o peche do Entroido o martes de entroido?
O documental non consistirá nunha recompilación de declaracións, senón en realizar un seguimento de diferentes referentes desta celebración, e non soamente en amosar as imaxes que xa vimos na televisión, senón en coñecer as súas vidas, que é o que siignifica o Entroido para elas e eles. A conducción da historia correrá a cargo dun “consello de sabi@s” que conversarán entre si para esclarecer e narrar o acontecer dos feitos.